Rotor com impresora 3D

Este prototipo de motor realizouse cun núcleo de rotor fabricado nunha impresora 3D. Sobre este modelo de núcleo traballouse nun rotor de cableado e placas desmontables realizadas con unións aparafusadas con pequenos tirafondos. O principal inconveniente deste rotor plástico é que non se poden facer soldaduras próximas ao núcleo. Este problema solventouse precisamente traballando con unións roscadas. O resultado é un rotor con placas desmontables que permite mostrar o cableado do núcleo o que se presta para o seu uso didáctico. O uso de tirafondos para a unión do cableado do rotor coas bobinas presenta un pequeno inconveniente, xa que, os parafusos utilizados son de aceiro e interfiren levemente co imán do estator. A seccións transversal do núcleo mide 40,6x40,6 mm a lonxitude do eixe é de 200 mm e o peso total do rotor é de 84 gr. Tanto para este modelo como no anterior.