Rotor de polistereno extruído

O núcleo deste rotor está construído de polistireno extruído cunhas tapas de contrachapado de 2,5 mm para reforzalo. A principal vantaxe deste núcleo é a súa lixeireza, a densidade do polistireno ronda os 0,035 kg/dm3. As tapas de contrachapado miden 40x40 mm, a lonxitude do eixe para este prototipo é de 145 mm e o peso total do rotor é de 60 gr. O seu reducido peso fai que se poida conseguir que o motor, debidamente equilibrado, xire en condicións de pouca luz, por suposto non é necesario que lle dea o sol directamente. O imán do estator é de 40x15x5 mm e está montado sobre a cara superior da base para lograr a menor distancia coas bobinas do rotor. O principal inconveniente deste modelo é a realización do cableado do rotor xa que hai que facer as soldaduras dos cables sen tocar no núcleo.